bUSCatermos for Android
Sentimos que bUSCatermos non cumpra as túas expectativas, intentaremos seguilo mellorando (de feito a raíz da túa queixa xa o fixemos, engadindo unha ficha para o concepto "sintaxe" en lingüística). De todos os modos, tes que ter claro que bUSCatermos non é un dicionario convencional, como se explica na Axuda que podes consultar no "Web do desenvolvedor". É basicamente unha ferramenta que compila e permite facer buscas unificadas sobre material diverso, polo que herda moitas das virtudes e defectos dese material. Por exemplificalo co caso que ti citas, se "sintaxe" remite a "sutura" é porque no Diccionario galego de termos médicos (editado pola Xunta de Galicia en 2002) recóllese a primeira forma como sinónimo da segunda. Así que iso de que "non ten nada que ver", non é o que pensaban os autores dese dicionario. E por certo, unha explicación detallada de como se presentan os resultados que o sistema devolve a partir das buscas, tamén a podes atopar na Axuda a que antes facía referencia. Seguiremos intentando mellorar bUSCatermos para que tamén mellore a túa opinión sobre el. Área de Terminoloxía SNL da Universidade de Santiago
Non se entende para que serve. Buscas unha palabra e aparece outra que non ten nada que ver. Exemplo: en sintaxe aparece sutura. Entenderano os que o fixeron.

by D####:
Nice app, thank you